Constitución de NOVAS XERACIÓNS en Mondoñedo

5 Maio 2010 | Novas

Novas Xeracións de MondoñedoO grupo popular informa da constitución de NOVAS XERACIÓNS en Mondoñedo.
Ó acto asistiron membros da Directiva Provincial de Novas Xeracións, entre eles o seu presidente, Daniel Vega.
Elena Candia, a presidenta do PP local, insistiu na importancia que ten para o partido, dende tódolos ámbitos, a xente moza, peza clave e indispensable. Asimesmo, manifesta que, conseguir a constitución de Novas Xeracións reforza a estructura de partido e considera acadado o primeiro obxectivo que encabezaba unha lista que ten como principal a recuperación da alcaldía para o PP no seu concello.
Alberto García Fernandez, membro da directiva, manifestou que Novas xeracións será o nexo de enlace entre os mozos e mozas de Mondoñedo e a clase política, á vez que explicou algunha das iniciativas que van a por en marcha.

A directiva de novas xeracións de mondoñedo está composta polas seguintes persoas:
-Bea Meilán Rego ( estudiante de psicoloxía, 23 anos) da parroquia dos Remedios
-Alberto García Fernandez ( licenciado en ciencias políticas, 23 anos) de Mondoñedo
-Mireia Sante Lopez ( 16 anos, estudiante de ESO) de Parroquia do Carmen.
-Marcos Cabanos (licenciando en empresas, sector do transporte) Mondoñedo
-Sonia Fernández Cillero ( estudiante de periodismo, 21 anos) Parroquia de Figueiras
-Miguel García Fernandez ( tecnico en imaxe e son, traballa en asesoria, 26 anos) Parroquia de Santa María Maior

FOTOS DO EVENTO
NNXX de Mondoñedo NNXX de Mondoñedo NNXX de Mondoñedo NNXX de Mondoñedo NNXX de Mondoñedo NNXX de Mondoñedo NNXX de Mondoñedo NNXX de Mondoñedo

Mitin do Partido Popular na Casa da Xuventude

2 Marzo 2008 | Novas

Mitin en MondoñedoO Partido Popular de Mondoñedo congregou a un cento de persoas no mitin celebrado o domingo na Casa da Xuventude. Ó evento acudiron os candidatos ó Congreso e ó Senado pola nosa provincia.
O mitin comezou coa intervención de Elena Candia, que criticou a xestión do bipartito mindoniense dicindo que durante estes meses de goberno municipal soamente se limitaron a mercar un tractor e facer unha normativa de tráfico moi restrictiva e recaudatoria que impide aparcar na maioría das rúas exceptuando o coche do Alcalde, que pode chegar mesmo á porta do Concello, e eso que segundo el en Mondoñedo non hai distancias.
A seguinte en participar foi a candidata ó senado María Carmen Gueimunde, seguida do parlamentario José Manuel Balseiro.
Para rematar, o candidato ó Senado, José Manuel Barreiro, salientou durante a súa intervención que os do PP non temos que mentir nin que inventar nada, que son outros os que utilizan panfletos propagandísticos nos que, sin poñerse colorados, teñen o atrevemento de decir que Lugo é a provincia mellor conectada por autovía. Segundo Barreiro, o PSOE podería aforrar a tinta do programa electoral por que como non fixo nada promete o mesmo que fai catro anos.

FOTOS DO EVENTO
Mitin na Casa da Xuventude Mitin na Casa da Xuventude Mitin na Casa da Xuventude Mitin na Casa da Xuventude Mitin na Casa da Xuventude Mitin na Casa da Xuventude Mitin na Casa da Xuventude Mitin na Casa da Xuventude Mitin na Casa da Xuventude Mitin na Casa da Xuventude Mitin na Casa da Xuventude Mitin na Casa da Xuventude

Carta do PP de Mondoñedo ós afiliados

26 Febreiro 2008 | Novas

Estimado afiliado/a:

O vindeiro domingo día 9 de marzo temos unha cita electoral de gran importancia para os españois. Dende o Partido Popular de Mondoñedo, quero pedirche o teu apoio e implicación para que consigamos que España teña un Presidente Galego.

Mondoñedo sufriu a marxinación do actual Goberno socialista e esta a sufrir a o retraso dun goberno local e autonómico bipartito, que actuando de xeito absolutamente dictatorial xestiona, decide e sanciona eludindo responsabilidades.

O Partido Popular presenta unha lista de candidatos renovada, representativa da nosa provincia e comprometida. Con ganas de traballar, con ilusión suficiente e cun proxecto imprescindible para acadar unha autonomía e solidaridade interterritorial, infraestructuras para a nosa provincia, protexer o noso modelo social e unha mellora na nosa economía.

Informoche e convidote ó mitín que se celebrará o domingo día 2 de marzo ás 21:30 na Casa da Xuventude, contando coa presencia do noso Presidente Provincial Jose Manuel Barreiro, e coas candidatas ó Congreso e ó Senado. Así ás reunións que se celebrarán nas nosas parroquias dende o venres ata o mércores.

Pidoche a tua colaboración e quedo a tua disposición para que academos un bo resultado en Mondoñedo e contribuir deste xeito ó progreso de Galicia e de España.

Elena Candia
Presidenta do Partido Popular en Mondoñedo

O PP propón unha comisión para o seguemento de obras de vital importancia para Mondoñedo (Transcantrábrica, accesos a Mondoñedo, concentracións parcelarias, polígono industrial…)

14 Febreiro 2008 | Novas

Elena Candia, portavoz do PP de Mondoñedo, quere invitar o PSOE mindoniense a que reflexione acerca do seu apoio as politicas sociais do BNG como así se fixo en outros concellos da Provicina e de Galicia, no seu momento o Grupo do Partido Popular votou en contra da incorporación do concello de Mondoñedo ó Consorcio de Servicios Sociais por consideralo unha clara intromisión na autonomia local, asi como pide un análise de conciencia antes de convertir a nosa Garderia Municipal nunha Galaescola, en defensa dunha educación plural e libre sen intervencións.

Por outra banda anuncia que actualmente no noso concello estanse a executar obras de gran envergadura e de vital importancia para o noso desenrolo económico: a Transcantábrica, os accesos a Mondoñedo, as concentracións parcelarias de Vilamor-Masma e de Sasdónigas-San Vicente, e o Polígono industrial, entre outras, todas elas iniciadas no goberno anterior e en proceso de execución, consideramos que a vixilancia e inspección no seguimento destas obras debe ser unha das máis importantes tarefas do goberno local, os veciños/as de noso concello merecen unha información puntual, axil, veraz e rigurosa. Por todo iso, solicitará en breve, a constitución dunha comisión de seguimento de todas elas, que se forme con participación de tódolos grupos políticos e que se lles convoque ás reunións que se leven a cabo para as distintas tomas de decisións, sobre as mesmas, iniciativa que comunicou ó Portavoz do Partido Galeguista e que se lle invitará a asinar de forma conxunta.

Seguinte páxina »

© 2007 Partido Popular de Mondoñedo www.ppdemondonedo.com - e-mail: ppdemondonedo@gmail.com
^Volver arriba^