Presentación da candidatura do PP de Mondoñedo
31 Marzo 2007 | Novas
O venres 30 de marzo celebrouse, no salón de actos da Casa da Xuventude, a presentación oficial da candidatura coa que concorrerá Elena Candia ós vindeiros comicios municipais.
No equipo da candidata do Partido Popular prima a renovación, a xuventude e as gañas de traballar.
Acompañando a Elena Candia irán: José Manuel Otero, perito agrícola; Teresa Freire, mestra de Educación Infantil; Jorge Losada, empresario; Jesús Villalba, empresario; Alfonso Castillo, administrativo; José Otero, traballador agroforestal; Irma Iglesias, administrativa nunha canteira; José Ramón Díaz Barreira, agricultor; José Manuel Prieto, médico; e Jesús Meilán, empresario e secretario do PP mindoniense.
No acto de presentación tamén participaron Luis Rego, que aparecerá como suplente na lista, e Agustín Baamonde, parlamentario vilalbés na Xunta de Galicia.
Outros suplentes na lista do PP serán Francisco Rancaño e Veremundo Fernández.
Despois do acto, unhas 100 persoas asistiron a unha cea conmemorativa no restaurante Montero.
FOTOS DO EVENTO
Presentación dos 315 candidatos do PP ós Concellos de Galicia
25 Marzo 2007 | Novas
O 25 de marzo tivo lugar en Santiago de Compostela, nun abarrotado Pazo de Congresos e Exposicións, a presentación dos candidatos do Partido Popular de Galicia para as vindeiras eleccións municipais.
O noso Concello tivo unha especial relevancia, xa que o Alcalde, Luis Rego, e a candidata á Alcaldía, Elena Candia, participaron activamente no acto.
Rego agradeceu ó Partido Popular os logros conseguidos durante os seus oito anos de goberno e deixou constancia da paralización dos proxectos referentes a Mondoñedo dende que empezou o “desgoberno bipartito”.
O Presidente do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, puxo como exemplo de renovación o caso do noso Concello, onde Luis Rego, que cumpriu durante oito anos, deixa o seu posto, tal e como tiña prometido, a unha nova candidatura. Ademáis, o Presidente do PP galego, tamén se referiu á xuventude da nosa candidata.
A parte de Núñez Feijoo e Luis Rego, tamén interviron: Ana Pastor, Corina Porro (Alcaldesa de Vigo), Conde Roa (candidato á Alcaldía de Santiago), as Alcaldesas de Melide e Sober; así como, o candidato máis novo do partido que con 23 anos encabeza a lista de Carballeda de Avia.
FOTOS DO EVENTO
Presentación de Elena Candia como candidata á Alcaldía
18 Marzo 2007 | Novas
Nun acto celebrado na Casa da Xuventude, o PP de Mondoñedo presentou oficialmente á súa candidata para as eleccións municipais de maio.
Ó evento asistiron Xosé Manuel Barreiro (Vicepresidente do PP de Galicia), Xosé Manuel Balseiro (Deputado), Luis Rego (Alcalde de Mondoñedo), e máis dun cento de mindonienses e simpatizantes do partido.
Elena Candia púxose á disposición de tódolos mindonienses para elaborar un programa electoral realizable e axustado ó que necesita Mondoñedo, e ademáis, no que se vexan representados os intereses e as inquedanzas de tódolos cidadáns.
A lista completa coa que concorrerá Elena Candia ás eleccións municipais será presentada oficialmente nas próximas semanas.
FOTOS DO EVENTO
O goberno ZP paraliza as obras da Alcántara
15 Marzo 2007 | NovasEn febreiro de 2006 a Comisión de Fomento e Vivenda do Congreso dos Deputados paralizou as obras da Alcántara e do Complexo Cultural Álvaro Cunqueiro cos votos do PSOE e IU. Nesa votación, a proposta do PP contou co apoio de CIU, BNG e ERC, pero, aínda así, os votos non chegaron e Mondoñedo quedou perxudicado de novo polas xestións do goberno ZP.
No seguinte enlace podes ver o vídeo da Comisión.
© 2007 Partido Popular de Mondoñedo www.ppdemondonedo.com - e-mail:
ppdemondonedo@gmail.com
^Volver arriba^