O PP de Mondoñedo na convención de interventores e apoderados

28 Abril 2007 | Novas

O PP de Mondoñedo con RajoyO acto comezou coas intervencións de xentes de a pé: amas de casa, mariscadoras, transportistas, comerciantes,… que contaron as preocupacións e dificultades que teñen que afrontar, todas elas derivadas do actual desgoberno bipartito da Xunta.
Logo interviu Alberto Núñez Feijoo, que advertiu a PSOE e BNG que “A suma de dous perdedores non é unha victoria” e considerou que o PP é “a esperanza” dos galegos.
Tamén acusou ó PSOE de “empregar o urbanismo como arma electoral”, ademáis de discriminar ós concellos e manipular os medios públicos. No tocante ó BNG, criticou o feito de que nas eleccións municipais empregen o termo país e non nación. Afirmou que para o Bloque “Somos país en eleccións e nación en entretempo”.
Mariano Rajoy foi o encargado de pechar o acto ó que asistiron máis de 5000 persoas.
Rajoy preguntou, “con tono moderado y sin ánimo de molestar”, se o Goberno debe explicar “que haya unas cintas cuya duración es de 12 horas en las que sólo se habla de comisiones millonarias”. Ademáis, salientou que no ano 1996 a corrupción desaparecera de entre as preocupacións dos españois e agora volve á primeira plana nos xornais.
Rematado o acto, os integrantes do Partido Popular de Mondoñedo puideron falar con Mariano Rajoy. O Presidente do PP apoiou á candidatura de Elena Candia e amosou o seu interese pola nosa cidade.

FOTOS DO EVENTO
Convención de interventores e apoderados Convención de interventores e apoderados Convención de interventores e apoderados Convención de interventores e apoderados Convención de interventores e apoderados Convención de interventores e apoderados Convención de interventores e apoderados

Máis de 500 mindonienses no acto de apoio á candidatura do PP

18 Abril 2007 | Novas

Acto de apoio a Elena Candia

Máis de 500 mindonienses encheron o auditorio municipal “Pascual Veiga” para apoiar á candidatura do Partido Popular.
O acto comezou coa proxección dun video no que se lembraron as obras e xestións máis destacadas do actual equipo de goberno.
O primeiro en intervir foi Luis Rego, que comentou o amosado no video e dedicou uns minutos a falar do axitado discurrir da precampaña.
O seguinte foi Xosé Manuel Barreiro, presidente do PP de Lugo, que destacou o empeño e dedicación do equipo da candidata. Barreiro deulle paso a Núñez Feijoo, que dedicou boa parte da súa intervención a comentar a política a nivel autonómico e nacional. Tamén salientou a xuventude e a calidade da candidatura mindoniense.
Por último, Elena Candia agradeceu o apoio dos cargos do partido, dos compañeiros e de todos os alí presentes.

FOTOS DO EVENTO
Apoio a Elena Candia Apoio a Elena Candia Apoio a Elena Candia Apoio a Elena Candia Apoio a Elena Candia Apoio a Elena Candia Apoio a Elena Candia Apoio a Elena Candia Apoio a Elena Candia Apoio a Elena Candia Apoio a Elena Candia Apoio a Elena Candia Apoio a Elena Candia Apoio a Elena Candia Apoio a Elena Candia Apoio a Elena Candia Apoio a Elena Candia Apoio a Elena Candia

O acto de apoio a Elena Candia será no Auditorio

17 Abril 2007 | Novas

Por motivos de aforo, o Partido Popular de Mondoñedo traslada o acto de apoio a Elena Candia ó Auditorio “Pascual Veiga”.
No acto, que se celebrará ás 20:00h participarán: Luis Rego (Alcalde de Mondoñedo), Elena Cancia (Candidata á Alcaldía), Xosé Manuel Barreiro (Presidente do PP de Lugo) e Alberto Núñez Feijoo (Presidente do PP de Galicia).
Dende o partido rogamos que disculpen as molestias causadas polo traslado do acto.

Núñez Feijoo viaxará a Mondoñedo para apoiar a candidatura

12 Abril 2007 | Novas

Alberto Núñez FeijooO Presidente do Partido Popular de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, visitará a nosa cidade o vindeiro mércores 18 de abril para arroupar a candidatura encabezada por Elena Candia, e participará nun acto público que se celebrará na Casa da Xuventude.
A presencia de Núñez Feijoo será unha boa proba do compromiso que ten o Partido Popular con Mondoñedo.
O acto, ó que están invitados afiliados, simpatizantes e veciños, terá lugar ás 20:00h.

Seguinte páxina »

© 2007 Partido Popular de Mondoñedo www.ppdemondonedo.com - e-mail: ppdemondonedo@gmail.com
^Volver arriba^