O PP gaña as eleccións sen maioría absoluta

27 Maio 2007 | Novas

O Partido Popular foi a forza máis votada nas eleccións municipais de Mondoñedo pero non acadou a maioría suficiente para gobernar.
Unha posible alianza entre BNG e PSOE dará a Alcaldía a Orlando González.
O reparto de Concelleiros quedou do seguinte xeito: PP 4, BNG 4, PSOE 2, PG 1.

Máis de 500 mindonienses no xantar con Manuel Fraga

23 Maio 2007 | Novas

Xantar con D. Manuel FragaO Partido Popular de Mondoñedo xuntou o mércores 23 de maio a máis de 500 mindonienses no pavillón municipal de deportes. O evento superou tódalas expectativas ó ter lugar nun día laborable.
O xantar e mitin de apoio á candidatura de Elena Candia, co que o PP convidou ós seus afiliados e simpatizantes, contou coa presencia do Senador e Presidente Fundador do partido, D. Manuel Fraga Iribarne. Ademáis, tamén asistiron ó evento o Presidente Provincial, Xosé Manuel Barreiro, o Deputado no Congreso, Xulio Padilla, o Deputado autonómico, Xosé Manuel Balseiro, e o Alcalde de Mondoñedo, Luis Rego.
Os máis de 500 convidados desfrutaron dun menú consistente en empanada, polbo á feira, carne ó caldeiro e tarta de Santiago.
Rematado o xantar, a orquesta Suavecito amenizou a sobremesa.

FOTOS DO EVENTO
Festa-Mitin con D. Manuel Fraga Festa-Mitin con D. Manuel Fraga Festa-Mitin con D. Manuel Fraga Festa-Mitin con D. Manuel Fraga Festa-Mitin con D. Manuel Fraga Festa-Mitin con D. Manuel Fraga Festa-Mitin con D. Manuel Fraga Festa-Mitin con D. Manuel Fraga Festa-Mitin con D. Manuel Fraga Festa-Mitin con D. Manuel Fraga Festa-Mitin con D. Manuel Fraga Festa-Mitin con D. Manuel Fraga Festa-Mitin con D. Manuel Fraga Festa-Mitin con D. Manuel Fraga Festa-Mitin con D. Manuel Fraga Festa-Mitin con D. Manuel Fraga Festa-Mitin con D. Manuel Fraga Festa-Mitin con D. Manuel Fraga

Manuel Fraga estará no xantar-mitin do PP de Mondoñedo.

21 Maio 2007 | Novas

O PP de Mondoñedo organiza un xantar-mitin para o vindeiro mércores 23 ó que están invitados os afiliados e simpatizantes do Partido. O acto será no Pavillón Municipal ás 13:30h e contará coa presencia de Don Manuel Fraga, Senador e Presidente Fundador do PP.
Haberá servizo de autobuses dende as diferentes parroquias.

Mitin celebrado na Casa Xuventude

19 Maio 2007 | Novas

Mitin en MondoñedoO Partido Popular de Mondoñedo celebrou o 18 de maio un mitin na Casa da Xuventude.
O evento contou coas intervencións do Alcalde de Mondoñedo, Luis Rego; do deputado autonómico, Xosé Manuel Balseiro; e a candidata, Elena Candia.
Antes de comezar o acto, repartíronse os primeiros exemplares do programa electoral. Elena Candia comentou varios puntos do mesmo na súa intervención.

FOTOS DO EVENTO
Mitin na Casa da Xuventude Mitin na Casa da Xuventude Mitin na Casa da Xuventude Mitin na Casa da Xuventude Mitin na Casa da Xuventude Mitin na Casa da Xuventude Mitin na Casa da Xuventude Mitin na Casa da Xuventude Mitin na Casa da Xuventude

Seguinte páxina »

© 2007 Partido Popular de Mondoñedo www.ppdemondonedo.com - e-mail: ppdemondonedo@gmail.com
^Volver arriba^