O Concello ten cartos para ir a Tréguier
30 Novembro 2007 | NovasRecentemente enterámonos pola prensa (como habitualmente acostuma a enterarse o noso grupo das novas do bipartito), que se viña de constituír unha comisión para retomar os contactos coa Vila Francesa de Treguier, planificando incluso unha viaxe no vindeiro mes. Ante esta nova queremos saber:
1. Conta o concello con dotación presupuestaria para a realización de tal actividade e a canto ascenden os custos da mesma.
2. Con que criterio “obxectivo” se selecionaron ás persoas que viaxarán a Francia
Oficiña de turismo pechada
29 Novembro 2007 | NovasEn días pasados denunciamos públicamente que un Concello coma Mondoñedo, co seu atractivo turístico, non dispoñía de Oficina de información turística aberta ó público, feito que consideramos froito dunha nefasta xestión do concelleiro responsable e por extensión do actual equipo de goberno.
A día de hoxe séguese sen prestar este servicio anunciando na porta pechada que se facilitara información no concello (sempre que non se solicite tal información en horario de tarde ou en fins de semana ou festivos que, por suposto, o turista tamén atopará a porta pechada). Ante esta situación queremos saber:
1. Ten previsto o bipartito reanudar a prestación deste servicio
2. Ten previsto a elaboración dun plan de desenrolo turístico para a nosa cidade.
O bipartito comunica nas parroquias a mala situación económica que din atopar no Concello
26 Novembro 2007 | NovasDende fai uns días os veciños de varias parroquias informaronnos de que o actual goberno bipartito estaos a convocar a reunións nas que se lles comunica que, ante a lamentable situación económica do Concello que din atopar, non poden executar a maioria dos proxectos que tiñan en mente. Efectivamente, afirmacións deste tipo tamén as escoitamos con moita frecuencia nas sesións plenarias.
Ante esta situación o Grupo do Partido Popular pregunta:
1. Ten previsto o actual goberno seguir empregando as mesmas explicacións “Victimistas” durante os seus anos de mandato.
2. Analizou esa situación económica antes de ofrecer electoralmente ós mindonienses, milleiros de proxectos.
3. Despois da dilatadisima experiencia política de varios dos actuais concelleiros do equipo de goberno, como asumen tal responsabilidade sen a previa comprobación das contas
4. Esquece o bipartito os argumentos empregados en épocas preelectorais que públicamente se consideraban os únicos conseguidores de financiación para o noso Concello, dado as cores políticas do goberno autonómico e central.
© 2007 Partido Popular de Mondoñedo www.ppdemondonedo.com - e-mail:
ppdemondonedo@gmail.com
^Volver arriba^