O PP denuncia a nefasta política de tráfico do Concello.
1 Decembro 2007 | NovasDurante estas datas observamos a PRACTICA DUNHA POLITICA DE TRAFICO ABSOLUTAMENTE RECAUDATORIA, despois de arrancar os bolardos (que recordemos foran colocados por decisión UNÁNIME, dunha Comisión de tráfico integrada por dous dos actuais concellais do bipartito) presenciamos como cada día se incrementan os “metros” de liña amarela prohibindo o estacionamento en todas as rúas do centro da cidade e a Policía Local reparte sancións día si e día tamén, pero os mindonienses non vimos habilitada ningunha alternativa de aparcamento ante tanta prohibición, nin sequera se sinalaron as prazas para minusválidos. Ante esta lamentable situación preguntamos:
1. Que ten previsto facer o bipartito co proxecto do anterior goberno municipal a desenrolar na zona da “Rocha de Vélez”.
2. Ten previsto o bipartito sinalar as prazas para minusválidos.
3. Estudiouse por parte do goberno municipal a creación dalgún aparcamento na cidade.
4. O moi mellorable plan de tráfico que se puxo en funcionamento ten previsto extender o ámbito de aplicación ó resto de rúas da cidade ou seguirá limitándose ó centro da mesma.
5. Vai seguir aparcando o Sr. Alcalde diante do concello con total “inmunidade”.
6. Se tal permisividade do Sr. Alcalde deriva da súa profesión ( como el nos afirmou nunha sesión plenaria) debemos interpretar que todas as persoas que desempeñen a mesma profesión están habilitados para aparcar alí onde elixan coa tranquilidade de non ser sancionados.
7. Poderemos facer interpretacións extensivas a profesións análogas.
© 2007 Partido Popular de Mondoñedo www.ppdemondonedo.com - e-mail:
ppdemondonedo@gmail.com
^Volver arriba^