Carta do PP de Mondoñedo ós afiliados

26 Febreiro 2008 | Novas

Estimado afiliado/a:

O vindeiro domingo día 9 de marzo temos unha cita electoral de gran importancia para os españois. Dende o Partido Popular de Mondoñedo, quero pedirche o teu apoio e implicación para que consigamos que España teña un Presidente Galego.

Mondoñedo sufriu a marxinación do actual Goberno socialista e esta a sufrir a o retraso dun goberno local e autonómico bipartito, que actuando de xeito absolutamente dictatorial xestiona, decide e sanciona eludindo responsabilidades.

O Partido Popular presenta unha lista de candidatos renovada, representativa da nosa provincia e comprometida. Con ganas de traballar, con ilusión suficiente e cun proxecto imprescindible para acadar unha autonomía e solidaridade interterritorial, infraestructuras para a nosa provincia, protexer o noso modelo social e unha mellora na nosa economía.

Informoche e convidote ó mitín que se celebrará o domingo día 2 de marzo ás 21:30 na Casa da Xuventude, contando coa presencia do noso Presidente Provincial Jose Manuel Barreiro, e coas candidatas ó Congreso e ó Senado. Así ás reunións que se celebrarán nas nosas parroquias dende o venres ata o mércores.

Pidoche a tua colaboración e quedo a tua disposición para que academos un bo resultado en Mondoñedo e contribuir deste xeito ó progreso de Galicia e de España.

Elena Candia
Presidenta do Partido Popular en Mondoñedo

O PP propón unha comisión para o seguemento de obras de vital importancia para Mondoñedo (Transcantrábrica, accesos a Mondoñedo, concentracións parcelarias, polígono industrial…)

14 Febreiro 2008 | Novas

Elena Candia, portavoz do PP de Mondoñedo, quere invitar o PSOE mindoniense a que reflexione acerca do seu apoio as politicas sociais do BNG como así se fixo en outros concellos da Provicina e de Galicia, no seu momento o Grupo do Partido Popular votou en contra da incorporación do concello de Mondoñedo ó Consorcio de Servicios Sociais por consideralo unha clara intromisión na autonomia local, asi como pide un análise de conciencia antes de convertir a nosa Garderia Municipal nunha Galaescola, en defensa dunha educación plural e libre sen intervencións.

Por outra banda anuncia que actualmente no noso concello estanse a executar obras de gran envergadura e de vital importancia para o noso desenrolo económico: a Transcantábrica, os accesos a Mondoñedo, as concentracións parcelarias de Vilamor-Masma e de Sasdónigas-San Vicente, e o Polígono industrial, entre outras, todas elas iniciadas no goberno anterior e en proceso de execución, consideramos que a vixilancia e inspección no seguimento destas obras debe ser unha das máis importantes tarefas do goberno local, os veciños/as de noso concello merecen unha información puntual, axil, veraz e rigurosa. Por todo iso, solicitará en breve, a constitución dunha comisión de seguimento de todas elas, que se forme con participación de tódolos grupos políticos e que se lles convoque ás reunións que se leven a cabo para as distintas tomas de decisións, sobre as mesmas, iniciativa que comunicou ó Portavoz do Partido Galeguista e que se lle invitará a asinar de forma conxunta.

O PP critica o proceso de elaboración da ordenanza de tráfico

9 Febreiro 2008 | Novas

O Partido Popular de Mondoñedo critica o proceso de elaboración da ordenanza municipal de tráfico, xa que afecta directamente a tódolos mindonienses e non se contou para facela absolutamente con ninguén.
Elena Cancia reprocha ó Alcalde nacionalista que non lles ofreza argumentos convincentes cando cuestionan o resultado do plan de tráfico, e denuncia a falta de compromiso cos mindonienses porque non se está dando ningunha alternativa e se está prohibindo o estacionamento en tódalas rúas da nosa cidade, unha prohibición, que o propio alcalde incumple sistematicamente.
A agrupación popular de Mondoñedo está convencida de que a única pretensión clara da ordenanza de tráfico aprobada na última sesión plenaria por BNG, PSOE e Partido Galeguista é sancionar e insiste en que un plan de ordenación da circulación rodada nunha cidade require a participación de tódolos sectores implicados, tanto partidos políticos, coma forzas sociais. O feito de que non se contase coa súa opinión para unha iniciativa de tal trascendencia é considerado polo PP como tremendamente inxusto e pouco democrático.
O PP de Mondoñedo anunciou que presentará alegacións á normativa no prazo establecido.

As aspiracións políticas do Alcalde

8 Febreiro 2008 | Novas

A portavoz municipal do PP reprochou ó Alcalde nacionalista que diga que non ten aspiracións políticas porque unha persoa que participa nas eleccións locais en diferentes convocatorias e representando a diferentes partidos, hai que recordar que se presentou ós comicios locais en listas do Partido Socialista, do Partido Independente e do Bloque Nacionalista Galego, deixa entrever cando menos unha aspiración política clara.

Seguinte páxina »

© 2007 Partido Popular de Mondoñedo www.ppdemondonedo.com - e-mail: ppdemondonedo@gmail.com
^Volver arriba^