Mitin do Partido Popular na Casa da Xuventude

2 Marzo 2008 | Novas

Mitin en MondoñedoO Partido Popular de Mondoñedo congregou a un cento de persoas no mitin celebrado o domingo na Casa da Xuventude. Ó evento acudiron os candidatos ó Congreso e ó Senado pola nosa provincia.
O mitin comezou coa intervención de Elena Candia, que criticou a xestión do bipartito mindoniense dicindo que durante estes meses de goberno municipal soamente se limitaron a mercar un tractor e facer unha normativa de tráfico moi restrictiva e recaudatoria que impide aparcar na maioría das rúas exceptuando o coche do Alcalde, que pode chegar mesmo á porta do Concello, e eso que segundo el en Mondoñedo non hai distancias.
A seguinte en participar foi a candidata ó senado María Carmen Gueimunde, seguida do parlamentario José Manuel Balseiro.
Para rematar, o candidato ó Senado, José Manuel Barreiro, salientou durante a súa intervención que os do PP non temos que mentir nin que inventar nada, que son outros os que utilizan panfletos propagandísticos nos que, sin poñerse colorados, teñen o atrevemento de decir que Lugo é a provincia mellor conectada por autovía. Segundo Barreiro, o PSOE podería aforrar a tinta do programa electoral por que como non fixo nada promete o mesmo que fai catro anos.

FOTOS DO EVENTO
Mitin na Casa da Xuventude Mitin na Casa da Xuventude Mitin na Casa da Xuventude Mitin na Casa da Xuventude Mitin na Casa da Xuventude Mitin na Casa da Xuventude Mitin na Casa da Xuventude Mitin na Casa da Xuventude Mitin na Casa da Xuventude Mitin na Casa da Xuventude Mitin na Casa da Xuventude Mitin na Casa da Xuventude

© 2007 Partido Popular de Mondoñedo www.ppdemondonedo.com - e-mail: ppdemondonedo@gmail.com
^Volver arriba^