O PP critica o proceso de elaboración da ordenanza de tráfico
9 Febreiro 2008 | NovasO Partido Popular de Mondoñedo critica o proceso de elaboración da ordenanza municipal de tráfico, xa que afecta directamente a tódolos mindonienses e non se contou para facela absolutamente con ninguén.
Elena Cancia reprocha ó Alcalde nacionalista que non lles ofreza argumentos convincentes cando cuestionan o resultado do plan de tráfico, e denuncia a falta de compromiso cos mindonienses porque non se está dando ningunha alternativa e se está prohibindo o estacionamento en tódalas rúas da nosa cidade, unha prohibición, que o propio alcalde incumple sistematicamente.
A agrupación popular de Mondoñedo está convencida de que a única pretensión clara da ordenanza de tráfico aprobada na última sesión plenaria por BNG, PSOE e Partido Galeguista é sancionar e insiste en que un plan de ordenación da circulación rodada nunha cidade require a participación de tódolos sectores implicados, tanto partidos políticos, coma forzas sociais. O feito de que non se contase coa súa opinión para unha iniciativa de tal trascendencia é considerado polo PP como tremendamente inxusto e pouco democrático.
O PP de Mondoñedo anunciou que presentará alegacións á normativa no prazo establecido.
© 2007 Partido Popular de Mondoñedo www.ppdemondonedo.com - e-mail:
ppdemondonedo@gmail.com
^Volver arriba^