NNXX mostra nun díptico que o goberno municipal BNG-PSOE “vendeu fume, mentiras e promesas incumpridas na prensa”

19 Maio 2011 | Novas

‘Aínda estás a tempo de cambiar as cousas’. Baixo este lema, Novas Xeracións do Partido Popular de Mondoñedo repartiu hoxe entre os veciños un díptico co que buscan evidenciar de forma obxectiva que o goberno municipal en coalición “adicouse durante estes catro anos a vender fume na prensa e a non materializar ningunha das promesas que publicitaron nos xornais”.
Na publicación, os mozos de Novas Xeracións recollen titulares e declaracións saídas en prensa nos catro anos de goberno do BNG e do PSOE en Mondoñedo. Segundo os afiliados á agrupación política na localidade, coas pezas informativas queremos que os veciños “recorden todo o que dixeron e que agora os delata”. Para os mozos “o papel aguantao todo e as hemerotecas conservan todo aquilo que dixeron no seu momento. Dixérono eles no seu día e non o decimos nos”. “Mentíronlles aos veciños tanto no seu programa electoral como durante o goberno”, afirman.

A través do díptico, Novas Xeracións pregúntase “¿Onde está o apalabrado centro de día?” que segundo informou o alcalde a un medio de comunicación no 2007 “estará ubicado no barrio dos Muíños”. Así mesmo,  dende a agrupación aseguran que o actual rexidor local, Orlando González Cruz, mentiu cando declaraba que “Teremos en conta as parroquias”; cando afirmaba que Mondoñedo  rehabilitaría o hotel Mirador –propiedade da Diputación e actualmente en ruína–; ou cando aseguraban que o pavillón deportivo estaba dotado de auga quente, e días depois os usuarios constataban que as instalacións carecían deste servizo.

Os mozos populares din que “o díptico non só evidencia as mentiras dos nacionalistas e socialistas” senón que mostra iniciativas do goberno que “conlevan a un atraso histórico en Mondoñedo”. Feito que segundo a agrupación refléxase  na  toma de decisión gobernamental de renunciar ao proxecto turístico da cova do Rei Cintolo, presentado polo PP, e que “dinamizaría economicamente Mondoñedo”.

Dende Novas Xeracións tamén acusan ao goberno de coalición de tirar “200 millóns de pesetas na praza do seminario para levantar beirrarúas construídas fai menos de dous anos e peatonalizar a cidade sen ofrecer zonas habilitadas para o aparcamento”. De igual maneira, os mozos populares critican a través desta publicación o plan de tráfico municipal e a prohibición de estacionamento en rúas céntricas cando o “señor alcalde reservouse unha praza para aparcar o seu coche diante o Concello”.

Coa selección dalgunhas problemáticas e “mentiras” verquidas, xa que din “ter suficientes para sucesivos folletos”; os mozos da agrupación política queren “mostrarlle a realidade aos veciños”. “Queremos analizar, criticar e facer balance de catro anos de goberno bipartito”, pero segundo os mozos “queremos facelo con probas, coa maior obxectividade posible e centrándonos na xestión do Concello e non entrando en descalificacións persoais como están acostumados a facer eles”.  Descarga o díptico facendo click aquí.

Alfonso Rueda co PP de Mondoñedo

15 Maio 2011 | Novas

Visita de Alfonso RuedaO conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, fixo este domingo unha visita a Mondoñedo, na que aproveitou para interesarse polo descorrer da campaña electoral no noso Concello e para apioar a candidatura da popular Elena Candia.
Rueda veu a Mondoñedo acompañado da Delegada Territorial da Xunta, Raquel Arias, e o Secretario da Mesa do Parlamento de Galicia, Xosé Manuel Balseiro.

FOTOS DO EVENTO
Visita de Alfonso Rueda Visita de Alfonso Rueda Visita de Alfonso Rueda Visita de Alfonso Rueda Visita de Alfonso Rueda Visita de Alfonso Rueda Visita de Alfonso Rueda

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas mantivo unha xuntanza cos veciños mindonienses

10 Maio 2011 | Novas

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, mantivo unha xuntanza no hostal O Padornelo de Mondoñedo cos veciños mindonienses que se ven afectados, de algún ou outro modo,  polos ámbitos de actuación que engloba o departamento autonómico que dirixe. Ademais da candidata a alcaldía do Partido Popular, Elena Candia, no coloquio tamén estivo presente o secretario provincial do Partido Popular e diputado autonómico, Xosé Manuel Balseiro.

Durante o acto  de apoio a alcaldable popular e ante a presenza duns 70 mindonienses, Agustín Hernández explicou as súas liñas de actuación na cidade episcopal e sinalou o compromiso do ente autonómico por establecer un enlace coa A-8, así como por rehabilitar vivendas sociais nos Muíños.

FOTOS DO EVENTO
Xuntanza co Conselleiro de Medio Ambiente Xuntanza co Conselleiro de Medio Ambiente Xuntanza co Conselleiro de Medio Ambiente Xuntanza co Conselleiro de Medio Ambiente

Mitin co Conselleiro de Economía e Industria

8 Maio 2011 | Novas

Mitin en MondoñedoO conselleiro de Economía e Industria,  Javier Guerra, arroupou á candidata á alcaldía polo Partido Popular en Mondoñedo, Elena Candia, no mitin de apertura de campaña, celebrado na Casa da Xuventude. No acto tamén estiveron presentes o presidente provincial do Partido Popular, Xosé Manuel Barreiro, e o secretario provincial e deputado autonómico, Xosé Manuel Balseiro.

O conselleiro manifestou o seu apoio a alcaldable e citou inversións que o seu departamento levou a cabo na localidade. Así mesmo, comprometeuse a chamar a Candia ao día seguinte as eleccións municipais para acordar unha reunión na que tratar as necesidades mindonienses que lle competen a súa Consellería. Guerra fixo estas declaracións tras mostrar o seu convencemento de que Elena Candia “será alcaldesa o día 22”.

O titular de Industria tamén aproveitou a súa intervención para informar aos mindonienses de que no tempo que leva na Xunta non tivo ningunha chamada nin petición do goberno de coalición local. Porén, sí asegurou ver a Candia polas instalacións da Consellería onde se reuniu con responsables do seu departamento autonómico.

Pola súa banda, a candidata popular quixo agradecer a visita e compromiso do conselleiro de Economía e Industria con Mondoñedo. E reiteirou en varias ocasións que unha das actuacións prioritarias da candidatura popular é a “implantación dun plan de dinamización socioeconómica para Mondoñedo, conveniando coas Administración liñas de axuda que incentiven o mantemento e creación de empresas na nosa cidade” .

FOTOS DO EVENTO
Mitin Mitin Mitin Mitin Mitin Mitin Mitin Mitin Mitin

Seguinte páxina »

© 2007 Partido Popular de Mondoñedo www.ppdemondonedo.com - e-mail: ppdemondonedo@gmail.com
^Volver arriba^