O PP critica o proceso de elaboración da ordenanza de tráfico

9 Febreiro 2008 | Novas

O Partido Popular de Mondoñedo critica o proceso de elaboración da ordenanza municipal de tráfico, xa que afecta directamente a tódolos mindonienses e non se contou para facela absolutamente con ninguén.
Elena Cancia reprocha ó Alcalde nacionalista que non lles ofreza argumentos convincentes cando cuestionan o resultado do plan de tráfico, e denuncia a falta de compromiso cos mindonienses porque non se está dando ningunha alternativa e se está prohibindo o estacionamento en tódalas rúas da nosa cidade, unha prohibición, que o propio alcalde incumple sistematicamente.
A agrupación popular de Mondoñedo está convencida de que a única pretensión clara da ordenanza de tráfico aprobada na última sesión plenaria por BNG, PSOE e Partido Galeguista é sancionar e insiste en que un plan de ordenación da circulación rodada nunha cidade require a participación de tódolos sectores implicados, tanto partidos políticos, coma forzas sociais. O feito de que non se contase coa súa opinión para unha iniciativa de tal trascendencia é considerado polo PP como tremendamente inxusto e pouco democrático.
O PP de Mondoñedo anunciou que presentará alegacións á normativa no prazo establecido.

As aspiracións políticas do Alcalde

8 Febreiro 2008 | Novas

A portavoz municipal do PP reprochou ó Alcalde nacionalista que diga que non ten aspiracións políticas porque unha persoa que participa nas eleccións locais en diferentes convocatorias e representando a diferentes partidos, hai que recordar que se presentou ós comicios locais en listas do Partido Socialista, do Partido Independente e do Bloque Nacionalista Galego, deixa entrever cando menos unha aspiración política clara.

O PP insta ó bipartito a implicarse na mellora da atención sanitaria

8 Febreiro 2008 | Novas

O PP de Mondoñedo instou ó executivo local a implicarse na mellora da atención sanitaria que se presta no centro de saúde. Os veciños sufren a diario a falta de médicos e as listas de espera sobrepasan a semana en moitas ocasións.
Elena Candia indica que a situación estase agravando nestas datas, agora que as consultas se incrementan por problemas de saúde relacionados con gripes e catarros.

O PP denuncia a nefasta política de tráfico do Concello.

1 Decembro 2007 | Novas

Durante estas datas observamos a PRACTICA DUNHA POLITICA DE TRAFICO ABSOLUTAMENTE RECAUDATORIA, despois de arrancar os bolardos (que recordemos foran colocados por decisión UNÁNIME, dunha Comisión de tráfico integrada por dous dos actuais concellais do bipartito) presenciamos como cada día se incrementan os “metros” de liña amarela prohibindo o estacionamento en todas as rúas do centro da cidade e a Policía Local reparte sancións día si e día tamén, pero os mindonienses non vimos habilitada ningunha alternativa de aparcamento ante tanta prohibición, nin sequera se sinalaron as prazas para minusválidos. Ante esta lamentable situación preguntamos:
1. Que ten previsto facer o bipartito co proxecto do anterior goberno municipal a desenrolar na zona da “Rocha de Vélez”.
2. Ten previsto o bipartito sinalar as prazas para minusválidos.
3. Estudiouse por parte do goberno municipal a creación dalgún aparcamento na cidade.
4. O moi mellorable plan de tráfico que se puxo en funcionamento ten previsto extender o ámbito de aplicación ó resto de rúas da cidade ou seguirá limitándose ó centro da mesma.
5. Vai seguir aparcando o Sr. Alcalde diante do concello con total “inmunidade”.
6. Se tal permisividade do Sr. Alcalde deriva da súa profesión ( como el nos afirmou nunha sesión plenaria) debemos interpretar que todas as persoas que desempeñen a mesma profesión están habilitados para aparcar alí onde elixan coa tranquilidade de non ser sancionados.
7. Poderemos facer interpretacións extensivas a profesións análogas.

« Páxina anteriorSeguinte páxina »

© 2007 Partido Popular de Mondoñedo www.ppdemondonedo.com - e-mail: ppdemondonedo@gmail.com
^Volver arriba^